o proxecto

o proxecto levase realizando varios anos en diferentes centros na materia de Educación Plástica e Visual, colaborando con outros departamentos dos centros nos que se fixo, relacionada coa colcha solidaria da marcha mundial de mulleres.

Trátase de introducir a actividade da costura como un feito normalizador e igualizador de xénero dentro da comunidade educativa.

Esta actividade é ademáis grupal e cooperativa, de modo que se ve claramente a aportación de cada un ó resultado conxunto.

Material:

-teas recicladas: retallos de teas ou roupas vellas que traen os alumnos (nunca compradas)

-agulla

-fío

-xiz de cotureira

-regras





Procedemento:

-córtanse os retallos en cadrados de 20x20 cm (uso da dimensión, escadra e cartabón)

-cada persona colle dous anacos diferentes de teas que contrasten e cósenas coa puntada de pespunte polo reves das teas por un dos dous lados

-unha vez que teñen dous cadrados unidos buscan outra persona con outros dous diferentes e cósenos tamén do revés, obtendo un cadrado de catro pezas, xa feito entre as dúas personas.

-unha vez temos grupos de catro únense entre si formando tiras de 6x2 cadrados (120x40)

-estas tiras de 120cm vanse unindo ata conseguir unha colcha dese ancho e longo tanto como consigan facer no que dure a actividade.





Habilidades:

trabállase a sicomotricidade fina e manipulativa das dúas mans, tanto a que cose como a que guía as teas.

trabállase a capacidade organizativa á hora de repartir tarefas de marcado e corte das teas, costura individual, por parellas e en grupos.

trabállase a relación interpersonal, xa que é unha actividade que permite o diálogo, a lectura, a escoita atenta.

trabállase a igualdade de xénero, xa que se pon en valor unha actividade tradicionalmente vencellada ó mundo das mulleres.


No hay publicaciones.
No hay publicaciones.